A Xunta entrega o vindeiro venres os primeiros Premios Galicia de Innovación e Deseño

Os galardóns, convocados pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, buscan o recoñecemento de profesionais e empresas referentes no desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e do deseño

Esta primeira edición do certame conta cun total de seis categorías

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2021

A Xunta celebra o vindeiro venres 26 de febreiro a cerimonia de entrega dos Premios Galicia de Innovación e Deseño. Durante o acto, que poderá seguirse en streaming, coñeceranse os gañadores e gañadoras da primeira edición deste certame entre as persoas e empresas finalistas seleccionadas polo xurado en cada unha das categorías.

Estes premios son unha iniciativa da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), para distinguir a contribución de profesionais e empresas ao desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e do deseño.

O certame conta con seis categorías. Tres delas están especificamente dirixidas a recoñecer a aqueles profesionais e empresas galegas que teñen a innovación como un elemento clave para o desenvolvemento da súa estratexia profesional e o seu crecemento empresarial. As grandes empresas finalistas son Egatel, Televés e Cupa Innovación. As pemes preseleccionadas foron Magallanes Renovables, Situm Tecnnologies e Marine Instruments. A maiores, será entregado o premio da categoría de traxectoria innovadora á persoa que, a criterio do xurado, fixo unha maior contribución nos últimos anos ao avance da innovación en Galicia de entre todos os candidatos.

As outras tres categorías distinguirán aos profesionais e empresas que contribúen de maneira significativa á mellora do prestixio do deseño galego e ás compañías que, ao incorporalo á súa estratexia empresarial, demostran que o deseño actúa como motor de innovación e competitividade. Os profesionais finalistas son os equipos creativos dos estudios de deseño Cenlitrosmetrocadrado, Fruto DS e Costa Comunicación Visual.
As empresas preseleccionadas como casos de éxito de incorporación do desen~o a´ su´a estratexia empresarial son D-due, Televés e Bico de Xeado. As tres deseñadoras menores de 35 anos elixidas finalistas son Eva Yarza –cofundadora xunto coa súa irmá do estudio Yarza Twins e Premio Nacional de Deseño e Innovación 2020– , Sofía Blanco –profesional independente que traballou nos estudios Christian Kerez Gmbh en Berli´n e A´balos+Sentkiewicz en Madrid– e Beatriz Lema –profesional independente, gañadora do XII premio Banda Deseñada Castelao–.

Os recon~ecementos para a traxectoria innovadora na categori´a de gran empresa e o premio para empresas no apartado de desen~o tera´n cara´cter honori´fico, e todos os demais contan cunha dotacio´n econo´mica de 15.000 euros cada un.

Imaxes relacionadas