A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública no casco histórico de Monforte de Lemos

Monforte de Lemos (Lugo), 20 de febreiro de 2021

A Xunta de Galicia entregou unha vivenda de promoción pública situada nun edificio rehabilitado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) na rúa Armando Cotarelo do casco histórico de Monforte de Lemos. Trátase dun piso de 41 metros cadrados e un dormitorio, que foi adxudicado en réxime de alugueiro.

O delegado territorial, Javier Arias, lembrou durante o acto de entrega que as vivendas de promoción pública sortéanse entre as persoas anotadas no Rexistro de Demandantes de Vivenda, que é único para toda a Comunidade Autónoma e ten aberto o prazo de inscrición durante todo o ano.

Imaxes relacionadas