Luis López visita a autoridade portuaria de Marín e a ría de Pontevedra e reúnese co seu presidente, José Benito Suárez Costa

Marín, 19 de febreiro de 2021

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, achegouse este mediodía ata a Autoridade Portuaria de Marín e a Ría de Pontevedra para coñecer as súas instalacións e celebrar unha reunión de traballo co seu presidente, José Benito Suárez Costa, á que tamén asistiu a alcaldesa, María Ramallo.

Deste xeito, o representante autonómico aproveitou para informarse das potencialidades desta dársena e do funcionamento do órgano reitor dun dos portos máis importantes de Galicia.

Polo demais, Luis López, que recibiu información detallada da man de José Benito Suárez Costa, púxose á súa disposición para, dende a Xunta de Galicia, seguir colaborando nas necesidades do peirao marinense co obxectivo de seguir medrando o seu volume de actividade e tráfico portuario.

Finalmente, agradeceu a presenza da alcaldesa María Ramallo, con que estivo a departir sobre os principais proxectos autonómicos desta lexislatura para Marín e emprazáronse a un próximo encontro.
 

Imaxes relacionadas