A Xunta solicita ao Ministerio do Interior a cobertura das prazas vacantes da Policía Autonómica para este ano

O comisario da Unidade da Policía Adscrita, Jorge Rubal mantivo unha xuntanza co director adxunto operativo da Policía Nacional e os comisarios de todas esta Unidades en España

Jorge Rubal indicou que pese ao aumento das competencias asignadas a plantilla está nos mesmos niveis de persoal que no ano 2003
 

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2020

O comisario da Unidade da Policía Adscrita, Jorge Rubal mantivo unha xuntanza co director adxunto operativo da Policía Nacional e os comisarios de todas esta Unidades Adscritas en España, onde de maneira unánime solicitaron ao Estado que complete as prazas vacantes nas Unidades e no caso de Galicia concretamente, que se cubran polo menos algunhas das prazas vacantes.

Jorge Rubal indicou que pese ao aumento das competencias asignadas, a plantilla está nos mesmos niveis de persoal que no ano 2003, con só o 80% da plantilla coa que debería contar. Coa vista posta no Xacobeo é preciso reforzar os efectivos, xa se prevé unha maior afluencia de visitantes e urxe o incremento de efectivos tamén co obxectivo de garantir a seguridade nas distintas rutas do Camiño de Santiago.

A Policía Autonómica ten entre as súas funcións a prevención e investigación de incendios, protección de vítimas de violencia de xénero e menores, loita contra o furtivismo e marisqueo ilegal, ou protección do medio natural e patrimonio cultural, ás que se suman nas actuais circunstancias derivadas da covid-19, a vixilancia das medidas de prevención adoptadas polas autoridades sanitarias.

Ademais, cabe lembrar que a Xunta ten solicitado ao solicitude ao Goberno central para que apoie e autorice a posta en marcha dunha comisaría de atención ao peregrino no Monte do Gozo que se converta no punto de atención policial de referencia neste Xacobeo para os peregrinos que cheguen a Compostela. O Goberno galego comprometese a levar a cabo as actuacións necesarias para acondicionar un pavillón deste recinto e reclama a implicación do Executivo central para comezar o proxecto.
 

Imaxes relacionadas