Economía e Emigración destacan a importancia de implementar medidas complementarias a nivel económico para o retorno dos galegos do exterior

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2021.- O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantiveron nas últimas horas unha reunión de traballo para impulsar novas medidas complementarias a nivel económico que permitan unha mellor integración dos galegos do exterior que queren retornar a Galicia.

Neste encontro ambos responsables autonómicos destacaron a importancia dos incentivos para o emprendemento e o autoemprego de cara a potenciar o retorno dos galegos do exterior, así como incentivar a captación de investimentos e proxectos empresariais dos residentes en terceiros países, liñas que se recollen na Estratexia Galicia Retorna, xunto ao fomento e apoio á creación de empresas no ámbito da innovación.

Imaxes relacionadas