Sanidade actualiza a relación de concellos que xa enviaron as listaxes do persoal do Servizo de Axuda no Fogar e pide a colaboración dos 19 que faltan por facelo para acelerar o proceso de vacinación

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2021

Sanidade actualizou a relación de concellos que xa enviaron as listaxes do persoal do Servizo de Axuda no Fogar, para poder acadar o antes posible a vacinación de todos estes traballadores. Os concellos que aínda están pendentes de remisión son: Allariz, Amoeiro, Cabanas, O Carballiño, Castro Caldelas, A Coruña, Malpica de Bergantiños, Meira, Moaña, Monfero, Negueira de Muñiz, Negreira, O Porriño, Ponteceso, Rianxo, Ribadeo, O Rosal, Vila de Cruces, e Xunqueira de Espadanedo.

A Xunta de Galicia continúa a avanzar no desenvolvemento do Plan galego de vacinación fronte á covid, aliñado coas directrices marcadas pola Comisión Nacional de Saúde Pública na Estratexia nacional de vacinación. Deste xeito, Galicia está xa a vacinar ao persoal do Servizo de Axuda no Fogar, explicitamente incluídos no grupo 3B da devandita Estratexia. A este respecto, solicitou o pasado 22 de xaneiro á Federación Galega de Municipios e Provincias que trasladase aos concellos a necesidade de remitir a información do persoal dos seus SAF, convenientemente acreditada por unha persoa responsable do Concello, fose o secretario ou secretaria municipal ou o propio alcalde ou alcaldesa.

Imaxes relacionadas