A AECT da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal felicita ao Goberno portugués pola apertura de novos pasos fronteirizos no Alto Miño

A fronteira Melgaço-Arbo e Montealegre-Baltar reabriron hoxe desde as 06,00 ás 09,00 horas e pola tarde entre as 17,00 e as 20,00 horas

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2021

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) felicita ao Goberno de Portugal pola decisión tomada o pasado venres polo Ministerio da Administración Interna para que desde este luns comezasen a funcionar os novos postos de control na fronteira entre Melgaço e Arbo, así como de Montealegre e Baltar, dous dos novos puntos de paso no alto Miño.

Estes novos pasos estarán autorizados só ao transporte internacional de mercadorías, traballadores transfronteirizos coas debidas declaracións das entidades patronais e de vehículos de emerxencia e socorro e servizo de urxencia. Este axuste de horario á circulación entre fronteiras só estará dispoñible das 06,00 ás 09,00 horas da mañá e entre as 17,00 e ás 19,00 horas de co obxectivo de atender da mellor forma as necesidades a ambos os lados da fronteira.

Cómpre resaltar o esforzo das empresas ubicadas aos dous lados da fronteira que con estas restricións vense máis afectadas co aumento dos custos derivados do aumento das distancias percorridas, así como aos traballadores transfronteirizos que se ven obrigados a circular polos puntos fronteirizos dispoñibles e que, en moitos casos, supera a media dos 100 quilómetros diarios.

Deste xeito, a AECT avaliará xunto coa Xunta e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N) a evolución da situación en canto ao peche de fronteiras co obxectivo de limitar no posible o impacto negativo na zona de raia garantindo sempre a saúde dos cidadáns a ambos lados da fronteira.