O 061 de Galicia asistiu a 26 persoas por 24 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 12 de febreiro, ata as 23,59 horas do domingo, 14 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 32 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 15 de febreiro de 2021

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 26 persoas debido a 24 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 12 de febreiro, ata as 23,59 horas do domingo, 14 de febreiro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 10 sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 32 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 24 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 26 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 80% e do 20% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 56% dos atendidos tiña entre 30 e 49 anos.

Por provincias, A Coruña foi a máis sinistros rexistrou con 11 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 

Provincia
Accidentes

A Coruña

11
Lugo
1
Ourense
3
Pontevedra
9
Galicia
24

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 35. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en catro accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 24 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes. As ambulancias convencionais atenderon en dúas ocasións.

En 19 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en sete ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.