A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Samo, ao seu paso polo concello de Oroso

Esta actuación de Augas de Galicia lévase a cabo nun tramo deste río no seu percorrido polo lugar de Arderís, na parroquia de Senra

Os traballos céntranse na retirada de árbores mortas e de madeira caída
 

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2021

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no treito interurbano do río Samo, ao seu paso polo municipio de Oroso.

Os traballos que Augas de Galicia está a executar coinciden cun tramo deste río, no seu percorrido polo lugar de Arderís, na parroquia de Senra.

As tarefas céntranse na retirada de árbores mortas e madeira caída sobre a canle. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-centro e as súas zonas de acceso e protección.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.
 

Imaxes relacionadas