O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co novo presidente de APSOU (Asociación de Personas Sordas de Ourense)

Gabriel Alén agradeceulle a súa disposición de colaboración e axuda a prol da mellora da calidade de vida das persoas xordas

Ourense, 12 de febreiro de 2021

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, reuniuse esta mañá por videoconferencia co novo presidente de APSOU (Asociación de Personas Sordas de Ourense), Martin Luis Becerra, no marco da rolda de contactos iniciada polo representante autonómico tras a súa toma de posesión cos axentes sociais e económicos da provincia.

Gabriel Alén interesouse polo traballo, que este colectivo sen ánimo de lucro, está a desenvolver no ámbito provincial, e agradeceulle a súa disposición de colaboración e axuda a prol da mellora da calidade de vida das persoas xordas.

Imaxes relacionadas