Fernández-Tapias cifra en preto de 395.000 euros o investimento da Xunta na mellora dos camiños municipais da comarca de Vigo

A delegada territorial achegouse hoxe ata Salvaterra para coñecer unha das actuacións que se acometerá no concello ao abeiro do Plan Marco por 38.000 euros

A representante autonómica aproveitou a visita xunto á alcaldesa para pór en valor a inversión realizada pola Agader no acondicionamento das infraestruturas rurais
 

Vigo, 11 de febreiro de 2021.- A delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou hoxe que a Consellería de Medio Rural está a investir 395.00 euros ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas correspondente co período 2020-2021.

A representante autonómica aproveitou unha visita a Salvaterra, na que puido comprobar xunto á alcaldesa da localidade, Marta Valcárcel, o estado dun destes viarios, para pór en valor a inversión realizada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no acondicionamento das canles de entrada e saída das producións rurais.

Así, no marco da actual convocatoria se levarán a cabo un total de 12 intervencións co obxectivo de facilitar ás corporacións locais a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais que dan acceso ás parcelas agrícolas.

No caso concreto de Salvaterra, Fernández-Tapias sinalou que se investirán 37.843 euros para na mellora do firme nos camiños de Corzáns e Pesqueiras.

 

Concello
Proxecto
Importe
Baiona

Mellora na pavimentación do Camiño Fonteloureira en Belesar

30.372,22 €
Cangas
Pavimentación vial do Camiño do Outeiro en Herbello-Aldán
27.740,49 €

Fornelos de Montes

Renovación do pavimento no Camiño do Areal e Camiño Rial
29.329 €
Moaña
Acondicionamento do Camiño Lago de Abelendo A Grela
26.984,98 €
Mos

Mellora da seguridade viaria no Camiño de Quiringosta Zapateira

35.347 €
Nigrán

Mellora da rúa Balinfra, Camiño de Aldeite e rúa da Igrexa

35.745,89 €

Pazos de Borbén

Asfaltado camiño no lugar de Valado
28.266,51 €
O Porriño
Mellora de viarios na Parroquia de Chelo
42.449 €
Redondela

Acondicionamento e mellora da estrada de San Vicente de Trasmañó

38.882 €

Salceda de Caselas

Pavimentación do Camiño de Touriños a Ribeira
32.554 €

Salvaterra de Miño

Mellora de camiños en Corzáns e Pesqueiras
37.843 €
Soutomaior
Mellora da pavimentación no Camiño de Candán
29.032 €

Total 394.546,09 €


 

Imaxes relacionadas