A Xunta incrementou máis de 390.000 horas anuais de SAF en 13 concellos da comarca da Coruña nos que atenden a 1.348 persoas

Gonzalo Trenor participou nun encontro de traballo co alcalde de Curtis, Javier Caínzos

O delegado da Xunta destacou que o aumento de horas no Servizo de Axuda do Fogar está permitindo atender a todas as persoas que precisan deste recurso

Os concellos de A Coruña, Aranga, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carral, Curtis, Mesía, Miño, Oleiros, Sada Sobrado e Vilasantar viron aumentar o seu número de horas asignadas

Curtis (A Coruña), 09 de febreiro de 2021

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co alcalde de Curtis, Javier Caínzos, durante a cal lle informou do plan de reforzo do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). O incremento das horas asignadas para o financiamento do servizo, dirixido a persoas en situación de dependencia recoñecida, en máis dun millón de horas anuais está permitindo atender a todas as persoas que se atopan á espera da asignación efectiva do recurso.

No caso de Curtis, o delegado destacou que a Xunta aumentou en máis de 1.872 as horas do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) postas a disposición do Concello, ata superar as 28.596 horas anuais. Hoxe este municipio atende a 69 persoas a través deste servizo.

Respecto á comarca da Coruña, Gonzalo Trenor informou que o plan de reforzo se traduciu nun incremento de máis de 390.000 horas anuais para os concellos da Coruña, Aranga, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carral, Curtis, Mesía, Miño, Oleiros, Sada Sobrado e Vilasantar. O incremento permitiu a estes municipios pasar das 2.202.276 horas de que dispoñían ata o momento ás 2.593.452 horas coas que contan na actualidade. En total, estes 13 concellos atenden a 1.348 persoas e contarán con marxe para incrementar o servizo en 2021 se fose necesario.

O representante da Xunta na Coruña destacou, así mesmo, que a Consellería de Política Social vén de incrementar en 10 millóns de euros o investimento destinado ao SAF, que en 2021 ascenderá a un total de 83,6 millóns de euros. Na provincia este incremento levouse a cabo en 51 concellos, o que significa un aumento nestes concellos de preto de 685.000 horas anuais ata chegar a un total de máis de 4,3 millóns de horas ao ano e 4.133 usuarios.

Implicación do Goberno central


Trenor lembrou que nestes momentos en Galicia invístense nas persoas dependentes un total de 400 millóns de euros ao ano, dos que máis de tres cuartas partes —o 76%— veñen das arcas autonómicas, e só o 24% restante proceden da Administración xeral do Estado.

O representante do Goberno autonómico lembrou que Galicia e as demais comunidades autónomas levan anos solicitando o cumprimento da Lei respecto á parte do financiamento que corresponde ao Goberno central.

Aínda que o Goberno galego valora positivamente o incremento da achega anunciado polo Executivo central, esta contía segue a estar moi lonxe do cofinanciamento que marca a lexislación e que establece que asuma o 50% do gasto total. Neste sentido, apuntou que coa implicación de todas as Administracións poderase seguir incrementando a atención e os servizos destinados ás persoas dependentes e ás persoas con discapacidade.


CONCELLO

HORAS ANUAIS ANTES DO INCREMENTO

INCREMENTO DE HORAS ANUAIS
HORAS ANUAIS ACTUAIS
Nº USUARIOS
A Coruña
1.813.236
342.984
2.156.220
503
Aranga
21.600
588
22.188
58
Arteixo
53.820
84
53.904
138
Betanzos
41.112
144
41.256
95
Cambre
46.380
12.180
58.560
82
Carral
17.868
96
17.964
34
Curtis
26.724
1.872
28.596
69
Mesía
13.296
180
13.476
32
Miño
28.704
7.704
36.408
59
Oleiros
42.696
5.280
47.976
76
Sada
46.464
14.556
61.020
89
Sobrado
31.296
3.864
35.160
60
Vilasantar
19.080
1.644
20.724
53
TOTAL
2.202.276
391.176
2.593.452
1.348

 

Imaxes relacionadas