Lorenzana aborda novas liñas de colaboración coa Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2021

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, mantivo unha xuntanza por videoconferencia cos representantes da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) para abordar novas liñas de colaboración e seguir mantendo ao longo deste ano o apoio que a Xunta ven desenvolvendo con este colectivo como é o convenio de colaboración para a realización de accións de sensibilización no eido da violencia de xénero, implicando nas mesmas ás mulleres que integran estas entidades, e o apoio aos recursos profesionais de atención as vítimas da violencia de xénero. Na última década, a Xunta apoio o labor de Femuro con axudas por valor de máis de 840.000 euros.

Lorenzana destacou a importancia de dar á muller rural un recoñecemento social, económico e institucional e afirmou que a Xunta está a traballar para promover o protagonismo feminino na toma de decisións no medio rural. Neste senso, apuntou que para mellorar a situación das mulleres rurais é importante entender o seu valor, fomentar a súa visibilidade e impulsar unha igualdade real de oportunidades en materia de acceso e condicións de emprego. Asegurou que é necesario seguir desenvolvendo medidas para impulsar a súa capacidade para emprender e promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como para fomentar o uso das TIC.

Imaxes relacionadas