O Goberno portugués agradece o ofrecemento de axuda sanitaria por parte da Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2021

O Goberno portugués, a través do coordinador rexional norte para a resposta de UCI, vén de remitirlle unha carta ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na que lle agradece a dispoñibilidade da Xunta de Galicia para axudarlles na atención sanitaria por mor da covid.

No escrito, o coordinador portugués sinala que a rexión norte continúa cunha gran presión asistencial, pero, neste intre, son capaces de responder ás necesidades actuais a través dos seus propios dispositivos asistenciais, e que non prevén unha alteración da situación nos vindeiros días.

As autoridades lusas subliñan que é moi importante para o Goberno portugués coñecer que a Xunta lle ofrece o seu apoio, e que o fará efectivo caso de que o necesitaran.