Trenor visitou o operativo do cribado de detección da covid-19 na Laboral no que se convocará a 15.550 persoas de Cambre e 17.187 de Culleredo

O delegado da Xunta informou que o cribado comezou o venres e rematará o 14 de febreiro

Cullerdo (A Coruña), 06 de febreiro de 2021

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou, esta mañá a nave da Laboral en Acea de Ama no que se está a realizar o cribado poboacional de Culleredo (17.187) e de Cambre (15.550) aos veciños entre 18 e 60 anos. A toma de mostras comezou o pasado venres e se prolongará ata o 14 de febreiro.


Trenor lembrou que a convocatoria estase a realizar mediante un sms a todos aqueles seleccionados que teñen un móbil rexistrado na súa tarxeta sanitaria. Ademais, recalcou que “ao longo dos meses da pandemia a Dirección Xeral de Saúde Pública, conxuntamente, coa Xefatura Territorial de Sanidade da Xunta determinan os concellos e os colectivos aos que é recomendable realizar a proba en base á análise da situación de diversos indicadores, non só cifras absolutas de casos”.


O delegado da Xunta agradeceu a participación de todos os cidadáns porque este importante esforzo realizado polo SERGAS permite axudar a acotar os casos positivos e se suma aos estudos de sospeitas e das contornas dos casos positivos detectados. Estes cribados poboacionais únense aos que se están facendo de forma periódica aos colectivos sociais residentes e profesionais dos centros sanitarios, e a outros colectivos como Policía Local ou persoal de Axuda no Fogar, entre outros.
 

Imaxes relacionadas