Arias destaca que a Xunta realiza esta semana cribados a 6.500 cidadáns de Monforte de Lemos, Sarria e Quiroga

Monforte de Lemos (Lugo), 05 de febreiro de 2021

A Xunta continúa realizando cribados para tratar de detectar posibles casos positivos de coronavirus entre persoas asintomáticas. O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, explicou que no marco desa programación, esta semana fanse 6.500 probas nos concellos de Monforte de Lemos (4.500), Sarria (1.500) e Quiroga (500).

Arias estivo esta mañá en Monforte, onde a Xunta convocou a unha mostra representativa da poboación de entre 20 e 60 anos para realizar os test entre hoxe e o domingo. O delegado, que acudiu acompañado do xerente do Sergas en Lugo, Ramón Ares, destacou o gran esforzo e dedicación dos profesionais sanitarios e tamén o importante apoio que están a prestar os dispositivos de emerxencias e seguridade no desenvolvemento dos cribados que se organizan estes días en diferentes localidades da provincia.

Imaxes relacionadas