Luisa Piñeiro recibe ao novo subdelegado de Defensa en Pontevedra, Constantino Miguel Cortés, e ofrece a colaboración da Xunta

Pontevedra, 4 de febreiro de 2021

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, vén de recibir no seu despacho do edificio administrativo de Campolongo ao novo subdelegado de Defensa en Pontevedra, o coronel Constantino Miguel Cortés Calvo, que acudiu acompañado polo xestor da área de reclutamento, César Barros Fraga.

A representante autonómica, que felicitou ao novo subdelegado polo seu recente nomeamento, mantivo un encontro de presentación e de traballo durante algo máis dunha hora e púxose á disposición da subdelegación de Defensa para calquera cuestión vencellada á administración autonómica. Ademais, ofreceulle a absoluta colaboración da Xunta coas Forzas Armadas.

Imaxes relacionadas