Arias mantén unha xuntanza coa alcaldesa de Guitiriz para abordar proxectos de interese para o municipio

Lugo, 4 de febreiro de 2021

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe un encontro coa alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, no que abordaron proxectos de interese para o municipio.

Entre eles, destacou a inminente transferencia da estrada autonómica LU-241, que pasará a ser municipal. A vía ten 210 metros de lonxitude e coincide integramente coa rúa Rosalía de Castro, polo que discorre na súa totalidade por solo urbano -dende a N-VI ata a intersección coas rúas do Ferrocarril e Xermolos-. A transferencia realízase a instancias do concello, que solicitou o cambio de titularidade.

Neste sentido, o delegado sinalou que “a coordinación e colaboración institucional son máis necesarias que nunca neste difícil contexto sanitario, económico e social”.

Imaxes relacionadas