A Xunta achega máis de 300.000 euros á Fundación Secretariado Gitano para iniciativas de inclusión sociolaboral e educativa

O Goberno galego incrementa un 10% a contía destinada a Promociona, que busca a evitar o abandono escolar temperá

No 2020 participaron neste programa 279 mozas e mozos de 249 familias

Achega tamén 160.000 euros ás iniciativas Acceder e Empregando, que procuran a incorporación efectiva da poboación xitana ao emprego e no que levan participado xa máis de 1000 persoas

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2021

A Xunta de Galicia destina á Fundación Secretariado Gitano máis de 300.000 euros para desenvolver iniciativas de inclusión sociolaboral e para evitar o abandono escolar das mozas e mozos. Así o destacaron hoxe os directores xerais de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, e Inclusión Social, Arturo Parrado, que mantiveron unha videoconferencia coa entidade.

Ambos directores xerais mantiveron unha reunión coa Fundación Secretariado Gitano para saber de primeira man as súas necesidades e propostas e, tamén, para coñecer os resultados dos diferentes programas que poñen en marcha grazas ás achegas do Goberno galego.

A Xunta de Galicia destina máis de 300.000 euros para programas como Promociona, que axuda á finalización de estudos obrigatorios e a cursar estudos superiores. No 2020. 279 mozas e mozos de 249 familias xitanas participaron neste programa para o que a Xunta incrementaa un 10% os fondos para chegar aos 145.0000 euros, catro veces máis que en 2016.

Ademais, o Goberno galego achega 160.000 euros á Fundación para desenvolver programas que promovan a inclusión sociolaboral, como as iniciativas Acceder ou Empregando, no que xa levan participado máis de 1000 persoas.

Imaxes relacionadas