A Xunta ofrece a súa colaboración ao Goberno central na posta en marcha de proxectos estratéxicos de innovación

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2021

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe por videoconferencia na comisión sectorial do Consello de Política Científica, Tecnolóxica e deInnovación, na que sinalou que a Xunta presentará proxectos estratéxicos de I+D+i para o seu cofinanciamento a través da activación de plans complementarios entre comunidades autónomas que vai poñer en marcha o Ministerio de Ciencia e Innovación.

Neste sentido, a Xunta ofreceuse a colaborar co Goberno central na posta en marcha destes proxectos. Así, na reunión presentáronse as diferentes liñas de cooperación entre a Administración central e as comunidades autónomas para este ano, tanto a través de diferentes convocatorias públicas como no apoio conxunto a infraestruturas científicas e técnicas singulares.
 

Imaxes relacionadas