Trenor traslada o apoio da Xunta á asociación West Galicia para as iniciativas que están levando a cabo

A Coruña, 29 de xaneiro de 2021

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, recibiu esta mañá á presidenta da asociación West Galicia, Carmen Blanch, unha entidade que agrupa ás familias con síndrome de west, unha enfermidade neurolóxica rara que se diagnostica arredor dun de cada 34.000 nenos en España. Trenor interesouse polo traballo que realiza esta entidade na nosa comunidade e trasladoulle o apoio da Xunta para as iniciativas que están levando a cabo.

Imaxes relacionadas