Alfonso Rueda destaca que o grao dual de innovación gastronómica e xestión hoteleira será un paso adiante para seguir desenvolvendo un sector turístico galego mais competitivo

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda e o reitor da USC, Antonio López Díaz, asinaron o convenio polo que o Grao poderá comezar a estudarse no curso 2022-2023

Alfonso Rueda sinalou que combinará a gran experiencia do Centro Superior de Hostalería de Galicia coas novas oportunidades que se abren ao ser un grao oficial da Universidade de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2021

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, indicou hoxe que o grao dual de innovación gastronómica e xestión hoteleira, que se porá en marcha en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, será un paso adiante para seguir desenvolvendo un sector turístico galego máis competitivo. A previsión é que poderá comezar a estudarse no curso 2022-2023,

Alfonso Rueda asinou hoxe co reitor da USC, Antonio López Díaz, o convenio entre a Xunta de Galicia e a USC para a adscrición do Centro Superior de Hostalería de Galicia á Universidade de Santiago de Compostela, onde indicou que un sector turístico de calidade require profesionais ben formados e grazas a esta nova titulación permitiranos mellorar a competitividade do sector.

O titular da Vicepresidencia primeira resaltou que a aposta pola calidade turística permite a Galicia impulsar un factor de diferenciación como destino turístico, un elemento fundamental nun mercado global e competitivo, onde a gastronomía é un dos grandes atractivos da nosa comunidade polo que a implantación deste grao de Gastronomía permitirá avanzar tamén no posicionamento galego como destino de turismo enogastronómico.

A posta en marcha cobra aínda mais importancia neste ano, co Xacobeo como gran escaparate de Galicia para o mundo, cunha oportunidade histórica para axudar a reactivar o sector turístico e a economía galega.

Dende a posta en marcha deste Centro no ano 1994, sairon grandes profesionais, recoñecidos a nivel mundial e incluso algún conta con Estrelas Michelín. A apertura deste Centro de Hostelería redefiniu o sector en Galicia. O CSHG conta cunha proxección internacional indudable de onde saíron case 2.500 profesionales que hoxe traballan en establecementos de toda Galicia e de toda España pero también en moitos países do mundo.Todo ese esforzo materializouse no concepto Galicia Calidade, un concepto ben coñecido que engloba todas as experiencias que ofrece a nosa comunidade.

Imaxes relacionadas