O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Maceda

Ourense, 19 de xaneiro de 2021

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nesta ocasión, desprazouse ao concello de Maceda onde mantivo unha reunión coa seu alcalde, Rubén Quintas, na que analizaron as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica. En concreto, o rexedor trasladoulle ao delegado territorial a necesidade de mellora de infraestruturas de Política Social.

Pola súa banda, o delegado fixo balance das recentes inversións da Xunta de Galicia neste concello, destacando as achegas en materia de promoción da igualdade e infraestruturas turísticas, entre outras.

Imaxes relacionadas