A Xunta remata as obras de mellora da seguridade viaria das estradas AC-234 e AC-905, ao seu paso polos concellos de Boimorto e Arzúa

Os traballos, contaron cun investimento de 48.000 euros

Reforzouse a seguridade das beiravías da AC-234 e rehabilitouse o firme nesta vía e na AC-905

Esta actuación inclúese dentro dos plans de mellora das estradas de titularidade autonómica coa fin de reforzar a seguridade dos usuarios

Boimorto (A Coruña), 19 de xaneiro de 2021

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, comprobou o resultado das obras realizadas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de acondicionamento e mellora da seguridade viaria das estradas AC-234 e AC-905, ao seu paso polos concellos de Boimorto e Arzúa.

Esta actuación contou cun investimento autonómico de case 48.000 euros. A intervención centrouse en mellorar a seguridade viaria das beiravías da estrada AC-234, entre os puntos quilométricos 4+000 e 10+750.

O proxecto tamén incluíu a rehabilitación do firme nesta vía e na estrada AC-905, naqueles puntos onde a capa de rodadura estaba máis deteriorada.

As obras levarónse cabo en terreos de dominio público da estrada, polo que non foron necesarias as expropiacións.

Trenor destacou que esta actuación inclúese dentro dos plans de mantemento e na conservación das estradas de titularidade autonómica coa fin de mellorar a seguridade dos usuarios que vén realizando a Xunta de forma permanente.