O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese coa alcaldesa de Bande

O novo representante do Goberno autonómico analizou co rexedor do municipio os temas relacionados coa administración autonómica

Ourense, 15 de xaneiro de 2021

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nesta ocasión, reuniuse coa alcaldesa do concello de Bande, Sandra Quintas, co que analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica. O delegado tivo a ocasión de tratar xunto á súa rexedora, Sandra Quintas, temas prioritarios para o seu concello en materia ambiental e de patrimonio cultural, entre outros.

Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.

Imaxes relacionadas