Sanidade incorpora a plataforma TELEA no seguimento de contactos estreitos

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2021

Os contactos estreitos en seguimento poden agora completar a enquisa diaria a través da Plataforma Tecnolóxica de Asistencia Domiciliaria, TELEA. Unha Información á que ten acceso o médico e persoal de enfermería de Atención Primaria.

A Consellería de Sanidade sinala que se trata dunha ferramenta máis de cara a frear a propagación da covid-19, e anima aos cidadáns que sexan coñecedores de seren contacto estreito dun caso positivo polo virus, a que accedan ao aplicativo para deixar os seus datos, respostando a un cuestionario. O acceso á plataforma TELEA é sinxelo telea.sergas.gal

Ademais, na busca activa de positivos covid asintomáticos, a Xunta lembra que os estudantes que regresen ás aulas dende o seu lugar de orixe, poden inscribirse no rexistro de viaxeiros para ser citados e realizar unha proba diagnóstica.
 

Imaxes relacionadas