O deporte galego chora o pasamento de José Luís Méndez, “impulsor do remo en Galicia e gran remeiro olímpico”

A Xunta de Galicia recoñeceu o seu labor a prol da promoción e fomento do deporte e da educación física na comunidade galega no ano 2013 coa entrega da Distinción ao Mérito Deportivo 

 Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2021

A Secretaría Xeral para o Deporte, no nome do seu titular, José Ramón Lete Lasa, lamenta profundamente o pasamento de José Luís Méndez, “impulsor do remo en Galicia e gran remeiro olímpico que dedicou toda a súa vida a traballar en prol do deporte e do remo galego”. Neste sentido, Lete Lasa trasladou o seu pésame, en nome de todo o deporte galego, a familiares, achegados e a todo o remo galego, especialmente ao remo tudense.

Méndez participou nos Xogos Olímpicos de Roma en 1960 co equipo de remo de catro con timonel. Ademais foi fundador, presidente, adestrador, delegado e mecenas do Club de Remo Miño de Tui.

A Xunta de Galicia recoñeceu o seu labor a prol da promoción e fomento do deporte e da educación física na comunidade galega no ano 2013 coa entrega da Distinción ao Mérito Deportivo.