A Policía Autonómica levou a cabo 130 inspeccións en 41 concellos galegos nos controis de medidas ante a covid-19 na nosa Comunidade

Leváronse a cabo 150 dispositivos que tiveron como resultado 13 denuncias no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2021

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo do 30 de decembro ao 3 de xaneiro un total de 130 inspeccións en 41 concellos galegos , no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19, nos que foron tramitadas 13 denuncias.

Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron na provincia de A Coruña, 37 dispositivos nos concellos de Boimorto, A Coruña, Melide, Outes, Pobra do Caramiñal, Ribeira e Santiago de Compostela, que tiveron como resultado 5 denuncias, 2 en A Coruña e 3 en Santiago. Na provincia de Lugo, leváronse a cabo 30 dispositivos nos concellos de Baleira, Lugo, Muras, Paradela, A Pastoriza, Pol, Sarria, Vilalba, Viveiro e Xove. Foi tramitada 1 denuncia no concello de Lugo.

Na provincia de Ourense, leváronse a cabo 47 dispositivos nos concellos de Allariz, Amoeiro, Celanova, Coles, Cualedro, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Puxín, Taboadela, Verín e Xinzo de Limia. E finalmente na provincia de Pontevedra leváronse a cabo 36 dispositivos nos concellos de Baiona, Bueu, Lalín, Marín, Nigrán, Poio, Pontevedra, Vigo e Vila de Cruces; e foron tramitadas un total de 7 denuncias, das cales 1 en Marín, 4 en Pontevedra e 2 en Vigo.

Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.