A Xunta reforza a partir de mañá as liñas de autobús que conectan Baiona, Gondomar e Tomiño con Vigo

A Consellería de Infraestruturas engade 86 frecuencias máis á semana a estas liñas, que tamén dan servizo aos concellos da Guarda, O Rosal, Tui e O Porriño

A conexión entre Baiona e Vigo aumenta 36 servizos á semana; entre Gondomar e Vigo, o incremento é de 35; e entre Tomiño e Vigo, o reforzo é de 15 máis

Estas melloras súmanse ás activadas o 23 de decembro cos novos contratos que completan a implantación do Plan de Transporte Público de Galicia nesta área

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2021

A Xunta reforza a partir de mañá as liñas de autobús que conectan Baiona, Gondomar e Tomiño con Vigo.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade engade 86 frecuencias máis cada semana a estas liñas, que tamén dan servizo a outros concellos situados ao sur da cidade, como A Guarda, O Rosal, Tui e O Porriño.

Desde mañá, a conexión entre Baiona e Vigo incorpora en dúas liñas 36 servizos máis cada semana. Trátase de 16 expedicións de ida (15 en días laborables e 1 os domingos) e outras 20 de volta (de luns a venres).

No seguinte cadro amósanse os horarios dos novos servizos, que incrementan a frecuencia de paso dos autobuses entre Baiona e Vigo, o que permite reducir os tempos de espera.

 

Nome da ruta
Hora de saída
Hora de chegada

BAIONA-RAMALLOSA-MALLON-NIGRAN-CORUXO-VIGO EA

8:00
9:00

BAIONA-RAMALLOSA-MALLON-NIGRAN-CORUXO-VIGO EA

8:00
9:00

BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA

11:00
12:00

BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA

15:00
16:00

BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA

17:00
18:00

BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA

12:00
13:00

BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA

16:00
17:00

BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA

18:00
19:00

 

Na liña entre Gondomar e Vigo tamén se engaden 35 servizos máis cada semana na liña, que se corresponden con 20 expedicións de ida e 15 de volta de luns a venres.

No seguinte cadro indícanse as rutas e os horarios, que duplican o número de frecuencias de ida desta liña cada día laborable. Deste xeito, refórzase a atención a primeira hora da mañá e redúcese á metade o tempo de espera entre cada autobús ao longo do día, que pasa cada dúas horas.

 

Nome da ruta
Hora de saída
Hora de chegada
8:00
9:00
GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA
12:00
13:00
GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA
16:00
17:00
GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA
20:00
21:00
GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA
9:00
10:00
GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA
13:00
14:00
GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA
17:00
18:00

Na liña entre Tomiño e Vigo, que tamén discorre por outros municipios da súa contorna, engádense 15 servizos máis cada semana en dúas liñas. Correspóndense con 10 expedicións de ida e 5 de volta.

 

Nome da ruta

Hora de saída

Hora de chegada

CAMPOSANCOS-TABAGON-GOIAN-TORRON-TUI-PORRIÑO-VIGO EA-HOSPITAL A.CUNQUEIRO

15:00
16:30

CAMPOSANCOS-TABAGON-GOIAN-TORRON-TUI-PORRIÑO-VIGO EA

10:30
12:15

CAMPOSANCOS-TABAGON-GOIAN-TORRON-TUI-PORRIÑO-VIGO EA

10:00
11:45

O aumento dos servizos nestas dúas liñas incrementa as posibilidades de conexión con Vigo en sentido ida e inclúe unha expedición que chega ata o hospital Álvaro Cunqueiro.

Estas melloras súmanse ás activadas o 23 de decembro no marco dos novos contratos que completan a implantación do Plan de Transporte Público de Galicia nesta área. Así, a comarca do Baixo Miño e o sur da bisbarra de Vigo contan cunha rede de 66 liñas de autobús interurbano que acadan agora aos 53.000 servizos anuais.