As obras de mellora da rúa da Fonte no núcleo de Castro no concello de Carballedo retomaranse ao comezo do novo ano

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudicou esta actuación de reparación por un importe de máis de 60.000 euros

O obxectivo dos traballos é mellorar o estado actual do pavimento dunha das rúas principais do núcleo que presenta numerosos fochancas, cambios de pavimento, saltos e roturas
 

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2020

As obras de mellora e reparación da rúa Fonte no núcleo de Castro, no Concello de Carballedo, continuará cos seus traballos a comezos do novo ano.

Os traballos, que comezaron no outono, foron adxudicados por un importe de máis de 60.000 euros e pretenden mellorar o tránsito circulatorio e a accesibilidade do viario central do núcleo de Castro e abranguerá unha superficie de máis de 2.300 m2.

Na actualidade, presenta un estado con importantes deficiencias, con numerosas fochancas, cambios de pavimento, saltos e roturas que dificultan a o tránsito, tanto de peóns como de vehículos.

O núcleo urbano de Castro, o segundo en importancia despois de Carballedo, é o que concentra a maior parte da poboación e tamén alberga a maior parte das actividades comerciais e de servizos existentes na zona.

 

 

 

 

 

 

 

A Consellería Medio Ambiente aposta por establecer e fomentar este tipo de colaboracións, como a que se executa no Concello de Carballedo, porque é acorde aos obxectivos que se marca o departamento que dirixe, como poñer en valor as dotación actuais dos concellos galegos, a través da recuperación e a mellora dos espazos.