A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue invita á cidadanía a doar nestas festas de Nadal

As unidades móbiles de ADOS visitarán nestas festas numerosos concellos galegos co obxectivo de garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos dos nosos hospitais

Santiago de Compostsela, 30 de decembro de 2020.- A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado á cidadanía para doar sangue nestas festas de Nadal, moi especialmente, aos doantes dos grupos sanguíneos A positivo, A Negativo e Cero negativo.

Os períodos de vacacións, como o Nadal, precisan dun reforzo na participación dos cidadáns. A demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios non diminúe nestas datas, polo que necesitamos da colaboración e xenerosidade de todos e todas para conseguir entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias.


Desprazamentos

As dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán, ao longo destes días, numerosos concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos.
ADOS agarda contar de novo coa solidariedade e colaboración dos cidadáns e efectuará os seguintes desprazamentos:

 

DATA
CONCELLOS
Mércores 30 de decembro

Neda, Praza de España (Ferrol), Cee, Monte Alto (A Coruña), Mera (Oleiros), Negreira, Serra de Outes, Lalín, As Neves, Parroquia de Valladares (Vigo), Praza Maior (Lugo), Quiroga, O Barco de Valdeorras, Rúa do Paseo (Ourense)

Xoves 31 de decembro

Praza de España (Ferrol), Zona Cuatro Caminos (A Coruña), Barrio dos Mallos (A Coruña), Milladoiro (Ames), Praza Roja (Santiago), Zona Herrería (Pontevedra), Rúa Rosalía de Castro/Arenal (Vigo), Cabral (Vigo), Praza Maior (Lugo), Rúa do Paseo (Ourense)

Sábado 2 de xaneiro

Zona de Ultramar (Ferrol), Zona Gaiteira-Os Castros (A Coruña), Praza Roja (Santiago), Lalín, Rúa Rosalía de Castro/Arenal (Vigo), Abadín

 

DATA
CONCELLOS
Luns 4 de xaneiro

Cariño, Cantón-Obelisco (A Coruña), Barrio de Peruleiro (A Coruña), Sta. Cruz Rivadulla (Vedra), A Baña, Caldas de Reis, Arbo, Barrio de Teis (Vigo), Sta. María de Oia, Castro Riberas de Lea, Barrio do Couto (Ourense)

Martes 5 de xaneiro

Barrio San Valentín (Fene), Arteixo, Zona Monelos-Castrillón (A Coruña), Bertamiráns (Ames), Urbanización Os Tilos (Teo), Cambados, Arcade, Zona O Calvario (Vigo), Cospeito, Guitiriz, Avda Portugal e Barrio A Carballeira (Ourense)

Xoves 7 de xaneiro

Mugardos, Carballo, Baio (Zas), Muros, Cabo de Cruz (Boiro), A Estrada, Salvaterra de Miño, Zona Travesía de Vigo (Vigo), Foz, O Carballiño

Venres 8 de xaneiro

Ares, Carballo, Camariñas, Ribeira, Calo (Teo), Pontecesures, Redondela, Rúa Barcelona (Vigo), Meira, Verín

Sábado 9 de xaneiro

Ares, Carballo, Ribeira, Redondela, Barrio da Estación (Ourense)

Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

 

 
HORARIO
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL

Luns das 15.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

Venres das 8.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO

Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE

Luns e venres das 15:00 ás 22:00 horas

Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas

HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas

Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas

HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas


Doar, moi sinxelo

Pode doar sangue calquera persoa con máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a vida.

ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

Imaxes relacionadas