Feijóo destaca a contratación por máis de 7 millóns de euros da nova ampliación de Ifevi en 5.000 metros cadrados

“Desde que chegamos ao Goberno, levamos investidos no Ifevi case 16 millóns de euros en sucesivas ampliacións”, di, subliñando a importancia deste complexo para a celebración de eventos de referencia internacional como Conxemar, Navalia ou Mindtech

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2020

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a contratación por 7,3 millóns de euros da nova ampliación do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) en 5.000 metros cadrados.

Tras oito meses de espera, ata dispoñer de todos os informes sectoriais da Administración xeral do Estado, Feijóo lembrou que o pasado 18 de decembro o Concello certificou a dispoñibilidade dos terreos, “e hoxe a Xunta licita a nova ampliación”, dixo.

Cómpre salientar que, en total, incluíndo servizos complementarios, a Administración autonómica investirá máis de 7,6 millóns de euros.

O presidente do Goberno galego, recordou que esta ampliación sumarase á que se realizou en 2018, cun investimento de 4 millóns de euros. “En definitiva, desde que chegamos ao Goberno, levamos investidos no Ifevi case 16 millóns de euros en sucesivas ampliacións”, concluíu, destacando a importancia deste complexo para a celebración de eventos de referencia internacional como Conxemar, Navalia ou Mindtech.

Imaxes relacionadas