A Xunta activa unha alerta vermella por temporal costeiro no noroeste e oeste da provincia da Coruña e no litoral lucense a partir desta tarde

O resto do litoral galego atópase en nivel laranxa con ondas que poden acadar os 7-8 metros

Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web www.112galicia.org

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2020

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta ven de activar unha alerta vermella no noroeste e oeste da provincia de A Coruña e no litoral lucense a partir desta tarde.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) a partir de primeiras horas desta tarde esperase mar combinada do noroeste con ondas que poderán acadar os 10 metros. No resto do litoral galego está activada unha alerta laranxa por mar combinada do Noroeste de 5 a 6 metros, que pode ir aumentando ao longo da tarde ata os 8 metros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións .Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Imaxes relacionadas