O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Montederramo

O novo representante do Goberno autonómico analizou co rexedor do municipio os temas relacionados coa administración autonómica

Ourense, 23 de decembro de 2020

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nesta ocasión, reuniuse co alcalde do concello de Montederramo, Antonio Rodríguez, co que analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica. O delegado tivo a ocasión de tratar xunto ao seu rexedor, Antonio Rodríguez, temas prioritarios para o seu concello en materia ambiental e de patrimonio cultural, entre outros.

Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.

Imaxes relacionadas