Trenor traslada ao alcalde de Val do Dubra a colaboración da Xunta para atender as necesidades do Concello

Val do Dubra (A Coruña), 23 de decembro de 2020

O delegado territorial da Coruña na Xunta, Gonzalo Trenor, recibiu esta mañá ao alcalde de Val do Dubra, José Manuel Varela. Na reunión repasaron os proxectos que ten actualmente en marcha a Xunta no municipio e as necesidades derivadas do Covid-19 nos distintos servizos públicos do concello. Ademais, interesouse polas suxerencias achegadas polo rexedor.

A reunión enmárcase dentro dos encontros que está realizando o representante do Goberno autonómico cos rexedores da provincia dentro do marco de colaboración necesario entre as diferentes administracións.Neste senso, trasladoulle información sobre as distintas ordes de axudas que ten abertas neste momento a Xunta en colaboración cos concellos e sobre as distintas canles de cooperación.

Imaxes relacionadas