O concello de Rianxo pasa ao nivel máximo de restricións

Os concellos de Muxía, Meis, Ribadumia, Cerdedo-Cotobade, Pontecaldelas e Vilaboa pasan ao nivel básico polo que quedarían libres da limitación de mobilidade

Pola súa banda, o concello de Moaña pasa ao nivel medio de restricións

Ademais, os concellos de Vilalba, Tui e Ponteareas baixan ao nivel medio alto de restricións

Tamén acordou vixiar de xeito especial os concellos de Aranga, Noia, Porto do Son, Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Burela, Dozón, Vedra, Muros, Xinzo de Limia e Verín 

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2020

O comité clínico da Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión de hoxe pola tarde, que o concello de Rianxo pasa ao nivel máximo de restricións.

Así mesmo, dediciu suavizar as medidas restritivas nos concellos de Muxía, Meis, Ribadumia, Cerdedo-Cotobade, Pontecaldelas e Vilaboa que pasarán ao nivel básico de restricións, co que se suprimirá a limitación de mobilidade.

Igualmente, o comité clínico acordou que o concello de Moaña, descendo ao nivel medio de restricións.

Ademais do antedito, os concellos de Vilalba, Tui e Ponteareas baixan ao nivel medio alto de restricións.

Tras analizar a evolución epidemiolóxica no conxunto de concellos galegos, o comité clínico tamén acordou manter unha vixilancia especial en Verín e implementala nos concellos de Aranga, Noia, Porto do Son, Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Burela, Dozón, Vedra, Muros e Xinzo de Limia.

Todas estas medidas publicaranse no Diario Oficial de Galicia de mañá martes e entrarán en vigor ás 00:00 horas do mércores.

Sanidade lembra a obrigatoriedade de cumprir todas as medidas establecidas pola Xunta Galicia, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica na comunidade e así poder ir diminuíndo as restricións vixentes.

Mañá martes a Consellería de Sanidade informará da actualización de medidas do Plan de Nadal para Galicia. 

Imaxes relacionadas