Luisa Piñeiro celebra unha reunión de traballo co presidente da Autoridade Portuaria de Marín e a Ría de Pontevedra, José Benito Suárez Costa

Marín (Pontevedra), 21 de decembro de 2020

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, achegouse este mediodía ata a Autoridade Portuaria de Marín e a Ría de Pontevedra para celebrar unha reunión de traballo co seu presidente, José Benito Suárez Costa, á que tamén asistiu a alcaldesa, María Ramallo.

Deste xeito, a representante autonómica aproveitou para coñecer as instalacións do órgano rector dun dos portos máis importantes de Galicia e púxose a disposición para, dende o Goberno galego, seguir colaborando nas súas necesidades co obxectivo de seguir medrando a súa actividade.

Luisa Piñeiro, que xa participou en dúas sesións do consello da Autoridade Portuaria en representación da Xunta, quixo coñecer en profundidade o funcionamento do peirao marinense e recibiu información detallada, da man do seu presidente, sobre o tráfico portuario, a súa evolución e outras cuestións de interese.

Imaxes relacionadas