O proxecto 'Acende o Xacobeo' da Xunta permitirá iluminar case un cento de monumentos como conta atrás cara o Xacobeo 2021

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación da iniciativa, que inclúe a iluminación de 41 edificios emblemáticos en concellos galegos polos que pasa o Camiño de Santiago e noutros 50 doutras 10 comunidades autónomas que colaboran na iniciativa

A iluminación na comunidade galega levarase a cabo desde o 22 ao 31 de decembro en tres fases co acendido dos edificios máis singulares de cor azul, co logotipo do Xacobeo 2021 e a frecha amarela

Alfonso Rueda destacou que o Ano Santo supón unha oportunidade para proxectar a imaxe de Galicia no exterior, a través dun elemento de referencia tanto a nivel nacional como internacional como é o Camiño de Santiago

Imaxes relacionadas