A Real Academia Española acepta a invitación do presidente da Xunta para celebrar un pleno en Galicia no ano 2021

Madrid, 17 de decembro de 2020

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, asistiu esta tarde á reunión do padroado da Fundación pro-RAE, presidida pola S.M. o Rei Felipe VI e que tivo lugar no Palacio Real de El Pardo en Madrid.

Aproveitando a súa asistencia á xuntanza, Feijóo propúxolle á Real Academia Española a celebración dun pleno en Galicia. A RAE aceptou a invitación para a súa realización no ano 2021.

Na reunión tamén estiveron presentes a vicepresidenta primeira do Goberno e ministra da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, Carmen Calvo; os presidentes autonómicos de Andalucía, A Rioxa, Aragón, Estremadura, Madrid e Castela e León; así como o presidente da Fundación pro-RAE e gobernador do Banco de España, Pablo Hernández de Cos, e o vicepresidente da Fundación e director da RAE, Santiago Muñoz Machado, entre outros asistentes.

Imaxes relacionadas