A Xunta introduce pasos de peóns redutores de velocidade nas travesías da Cruz do Incio e Laiosa para mellorar a seguridade

O Incio (Lugo), 14 de decembro de 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade introduciu redutores de velocidade en forma de pasos de peóns sobreelevados na estrada LU-644 ao seu paso polo municipio do Incio, en concreto dous na travesía de Laiosa e un na capitalidade, A Cruz do Incio.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que esta actuación executouse con cargo ao contrato de conservación e vialidade da zona sur de Lugo e contou cun orzamento de 15.300 euros. O obxectivo é mellorar a seguridade dos veciños e veciñas logrando que os vehículos aminoren a velocidade cando cruzan ambas localidades.

Imaxes relacionadas