A furgoneta-plató do voluntariado recala en Ourense para difundir o amplo abano de propostas solidarias da Xunta de Galicia

Ourense, 12 de decembro de 2020

A campaña de promoción da acción voluntaria que está a desenvolver a Consellería de Política Social nas cidades galegas con motivo do Día Internacional do Voluntariado, baixo a lenda O voluntariado non para, recalou hoxe en Ourense. A directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, visitou esta mañá a furgoneta-plató do Voluntariado, que estivo estacionada na explanada do Centro Comercial e de Ocio Ponte Vella, para difundir o amplo abano de proxectos solidarios que leva a cabo a Administración autonómica.

Desde este punto móbil ofreceuse información e entregouse material de promoción sobre as accións que o Goberno galego leva a cabo neste ámbito. Tamén se realizou unha entrevista a María del Mar Álvarez Paradela, voluntaria que participa no programa de acompañamento nos hospitais e centros de saúde de Galicia e de Cruz Vermella. Esta conversa emitiuse en streaming a través da canle de Facebook de Voluntariado Galego.

Imaxes relacionadas