Política Social apoia os Xogos Autonómicos de campo a través e petanca organizados por Special Olympics en Guitiriz
2020-12-12
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2020/Decembro/semana-02/2020-12-12 at 12.39.30.jpg
Guitiriz (Lugo), 12 de decembro de 2020
O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu hoxe no municipio lucense de Guitiriz á inauguración dos XXIII Xogos Autonómicos de campo a través e petanca organizados por Special Olympics, que se desenvolven no campo de fútbol Noreña Basalta.
O responsable autonómico destacou a importancia que ten o deporte como ferramenta para favorecer a plena inclusión e a igualdade de oportunidades. Neste sentido, gabou o traballo que realiza Special Olympics neste ámbito, que valorou como fundamental para dar visibilidade a estas persoas e concienciar á sociedade en xeral.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade