O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese coa alcaldesa de Ramirás

Ourense, 11 de decembro de 2020

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nesta ocasión, desprazouse ao concello de Ramirás onde mantivo unha reunión coa súa alcaldesa, Isabel Gil, na que analizaron as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica. En concreto, a rexedora trasladoulle ao delegado territorial a necesidade de arranxo do peche do CPI Rogelio García Yáñez, centro no que nestes dous últimos anos a Consellería de Cultura,. Educación e Universidade levou a cabo reformas de carpintaría exterior, baños, cambio de luminarias e renovación de caldeira, entre outros.

Asemade a rexedora solicitou colaboración para o arranxo da cuberta da antiga escola Concepción Yáñez.

Pola súa banda, o delegado fixo balance das recentes inversións da Xunta de Galicia neste concello, destacando as achegas en materia de promoción da igualdade e infraestruturas turísticas, entre outras.

Imaxes relacionadas