O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, presidiu hoxe a primeira reunión do Consello Galego de Universidades nesta lexislatura

O investimento da Xunta en universidades no 2021 reforzarase cunha partida adicional de 10 M€ para innovación e dixitalización

Román Rodríguez salienta o compromiso do Goberno galego co labor das universidades para adaptarse ao covid, que se materializa na transferencia de case 14M€ en fondos

Na reunión do CGU informouse tamén das titulacións enviadas para verificación e as que se revogan

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2020

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidiu hoxe –por videoconferencia– a primeira reunión do Consello Galego de Universidades (CGU), onde destacou o esforzo dos Orzamentos 2021 en materia universitaria. Neste sentido, explicou que as contas do vindeiro ano inclúen unha partida adicional de fondos propios dotada con 10M€ para a dixitalización e innovación do Sistema Universitario de Galicia (SUG). “Trátase duns recursos adicionais ao xa orzamentado no plan de financiamento para o 2021 e que teñen como obxectivo contribuír á adecuación das universidades galegas aos novos tempos”, dixo.

Cómpre lembrar que, a través dos Orzamentos 2021, o SUG disporá de 451M€, unha cifra récord neste ámbito, que inclúe o devandito plan de dixitalización, así como un incremento do 6,2% (ata 67,8M€) das partidas dedicadas ao fomento da I+D+i e a programas de retención e atracción de talento consolidado.

O CGU fixo, ademais, balance positivo da baixa incidencia da covid-19 no ámbito universitario. Neste sentido, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia puxo en valor o esforzo de coordinación realizado entre as tres universidades e o Goberno galego desde o momento da suspensión das clases para o desenvolvemento do fin do curso pasado e para a preparación do 2020/2021.

Así mesmo, reiterou o compromiso da Xunta co labor desenvolvido desde as universidades, e que se materializa na transferencia de 13,9M€ en fondos adicionais para facer fronte ao sobrecuste que se derivan da adaptación do Sistema Universitario de Galicia (SUG) ao contexto da pandemia.

Verificación, reverificación e modificación

O pleno do CGU foi tamén informado das titulacións que a Secretaría Xeral de Universidades informou favorablemente para o seu envío a verificación, reverificación ou modificación á Axencia para a Calidade do Sistema Universidade de Galicia (ACSUG). Neste sentido, explicouse que, dado o contexto da covid-19, a Consellería ampliou este ano o prazo para que as universidades presentasen as súas propostas.

As titulacións que foron informadas favorablemente para o seu envío a verificación son as recollidas na seguinte táboa:

Universidade/s
Titulación
Trámite
UDC
Grao en Relacións Internacionais
Verificación
UDC
Grao en Máquinas Navais
Reverificación
UDC
Grao en Comunicación Audiovisual
Modificación
UDC
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Modificación
UDC (conxunto coa USC e UVigo)
Máster en Desafíos das Cidades Atlánticas
Verificación
UDC

Máster Erasmus Mundus en Sostibilidade e Industria 4.0 Aplicada ao Sector Marítimo

Verificación
UDC
Máster en Asistencia e Investigación Sanitaria
Modificación
UDC
Máster en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética
Modificación
UDC
Máster en Enxeñaría Informática
Modificación
USC
Grao en Xestión Cultural
Verificación
USC
Grao en Comunicación Audiovisual
Modificación
USC
Grao en Enxeñaría Informática
Modificación
USC
Grao en Xornalismo
Modificación
USC
Máster en Dereito Transnacional da Empresa e das Tecnoloxías Dixitais
Verificación
USC (en conxunto coa UVigo)
Máster en Sistemas Aéreos Non Tripulados
Reverificación
USC (en conxunto coa UDC)
Máster en Xerontoloxía
Reverificación
USC

Máster en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento

Reverificación
USC
Máster en Procesos de Formación
Modificación
USC (en conxunto coa UDC e a UVigo)
Programa de Doutoramento en Matemáticas e Aplicacións
Verificación
USC

Programa de Doutoramento en Agricultura e Medio Ambiente para o Desenvolvemento

Reverificación
UVigo
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
Verificación
UVigo
Grao en Bioloxía
Modificación
UVigo
Grao en Linguas Estranxeiras
Modificación
UVigo
Máster en Dirección de Arte en publicidade
Modificación
UVigo
Máster en dirección de PEMEs
Modificación
UVigo
Máster en Finanzas
Modificación
UVigo
Máster en Comercio Internacional
Modificación
UVigo (en conxunto coa USC e a UDC)
Programa de Doutoramento en Ciencias Sociais e Envellecemento
Verificación
UVigo
Programa de Doutoramento en Educación, Deporte e Saúde
Modificación

 

Revogación

Por outra banda, o CGU informou favorablemente a revogación de autorización de implantación do Máster en Xestión e Tecnoloxía de Estruturas e Instalación (UVigo) e a reverificación doutras cinco titulacións, previo acordo das propias universidades. Trátase dos graos en Arquitectura Técnica (UDC) e en Bioloxía (USC), dos máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (USC/UVigo), e en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial (USC) e do Programa de Doutoramento en Ciencias da Visión (UVigo, en conxunto con universidades de fóra de Galicia).

Imaxes relacionadas