Galicia amplía ata 7,3 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico

Os datos oficiais do Banco de España volven situar a Galicia como a terceira comunidade de réxime común con menor endebedamento de España

A ratio débeda/PIB de Galicia baixa máis de medio punto con respecto ao segundo trimestre
 

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2020

Galicia amplía ata 7,3 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico, tal e como mostran os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) publicados hoxe polo Banco de España. Ademais, o organismo regulador volve situar á Comunidade Autónoma de Galicia como a terceira de réxime común con menor endebedamento de toda España.

En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia baixa máis de medio punto con respecto ao segundo trimestre do ano e sitúase no 19,0% ao peche do terceiro trimestre. Galicia amplía o diferencial coa media autonómica, que é 7,3 puntos inferior á media de comunidades (26,3%) e só superior ao de dúas comunidades autónomas de réxime común, Canarias e Madrid.

Volume de débeda

En canto á evolución do volume de débeda, os datos do Banco de España indican que a débeda do conxunto das comunidades autónomas situouse nos 301.722 millóns de euros, dos cales o 3,75% -11.325 millóns- se corresponden coa Comunidade Autónoma de Galicia.

Os datos oficiais do Banco de España ratifican que Galicia é a comunidade autónoma con menor aumento de volume de débeda desde o ano 2008, exercicio no que comezou a tendencia ascendente na evolución do endebedamento no conxunto das administracións públicas de España, incluídas as comunidades autónomas.
 

RATIO DE DÉBEDA/PIB POR CCAA
*CC.AA. de Réxime Foral

 

 
 

3ºT
2020

1
Canarias
14,7
2
País Vasco*
14,8
3
Madrid
15,8
4
Navarra*
17,6
5
GALICIA
19,0
6
La Rioja
20,3
7
Andalucía
23,0
8
Asturias
23,1
9
Castilla y León
23,9
10
Aragón
24,9
11
Extremadura
25,4
12
Cantabria
26,1
 
TOTAL CCAA
26,3
13
Baleares
30,1
14
Murcia
35,2
15
Cataluña
35,9
16
Castilla-La Mancha
39,7
17
Comunidad Valenciana
46,7

Imaxes relacionadas