A conselleira de Política Social, Fabiola García, achegouse esta mañá ao local da entidade lucense

A Xunta de Galicia destina máis de 100.000 euros á ampliación das instalacións de Down Lugo

A contía achegada polo Goberno galego para mellorar a infraestrutura procede da distribución dos fondos do 0,7% do IRPF

Neste local préstanse servizos de apoio psicopedagóxico, logopedia ou formación e asesoramento para a inserción laboral

Lugo, 11 de decembro de 2020

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou a mellora do servizo que terán os usuarios da sede de Down Lugo grazas á ampliación das súas instalacións, que visitou esta mañá en compañía o delegado territorial, Javier Arias. Os traballos, para os que a Xunta de Galicia achegou máis de 100.000 euros, permitirán mellorar a atención aos 27 usuarios que ten na actualidade.

No local situado na capital lucense Down Lugo ten presta servizos psicopedagóxicos, logopedia, formación en novas tecnoloxías e asesoramento para facilitar a súa inserción laboral.

A conselleira de Política Social agradeceu e puxo en valor o papel de entidades como Down Lugo que traballan a diario para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e as súas familias.

Ademais, Fabiola García recordou que é un obxectivo compartido coa Xunta de Galicia, que cada día destina máis fondos á atención a persoas con discapacidade. De feito, para o próximo ano o Goberno galego destinará 126 millóns de euros a este fin, un 10% máis que o que se destina en 2020.

Imaxes relacionadas