A Xunta implantará o vindeiro mércores unha nova liña de autobús con paradas en San Mateo e no Val, en Narón, para facilitar os desprazamentos dos estudantes cara ao IES As Telleiras

A Consellería de Infraestruturas responde así á solicitude do Concello e dos pais dos alumnos coa fin de mellorar a comunicación destas áreas co centro educativo

Os estudantes con residencia nestas parroquias disporán dunha liña de luns a venres ás 7:45 horas, que lles permitirá chegar ao inicio das clases no instituto

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2020

A Xunta implantará o vindeiro mércores 16 de decembro unha nova liña de autobús con paradas en San Mateo e no Val, en Narón, para facilitar os desprazamentos dos estudantes cara ao IES As Telleiras.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade dálle así resposta á solicitude do Concello de Narón e dos pais dos alumnos coa fin de mellorar a comunicación destas áreas co centro educativo.

Os estudantes, residentes nas parroquias de San Mateo e do Val, disporán desde o próximo mércores dunha liña que funcionará de luns a venres, ás 7:45 horas, e lles permitirá chegar ao inicio das clases no instituto.

A Xunta continúa traballando para proporcionarlles aos cidadáns uns servizos de transporte público eficientes que respondan ás súas necesidades reais en materia de mobilidade.