Ethel Vázquez destaca o traballo da Xunta a prol da preservación e posta en valor das pontes en Galicia

A Coruña, 10 de decembro de 2020

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou hoxe o traballo da Xunta a prol da preservación e posta en valor das pontes en Galicia. Así o indicou na presentación da segunda edición do libro: A volta a Galicia en 40 pontes e medio, escrito polos enxeñeiros de Camiños Canais e Portos Rafael Astor e Carlos Nárdiz, e ilustrado por Francisco Jarabana.

A conselleira, que esta tarde participou na sede do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia neste acto, puxo en valor o impulso que se está a dar desde a Xunta ás actuacións de preservación e posta en valor das pontes máis senlleiras da comunidade, como as realizadas na ponte romana de Ourense ou na ponte sobre a ría de Noia. Ao tempo salientou, tamén, o traballo que se está a desenvolver no programa pioneiro de control das pontes e obras de paso, para preservar a seguridade dos seus usuarios e para alongar a súa vida útil mediante actuacións de conservación preventiva.

Imaxes relacionadas