O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Carballeda de Avia

Ourense, 10 de decembro de 2020

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Esta mañá mantivo unha reunión co alcalde de Carballeda de Avia, Luis Milia, na que fixeron un repaso dos proxectos e necesidades deste concello que dependen da Xunta de Galicia.

Imaxes relacionadas