A conselleira de Política Social celebrou unha videoconferencia cun dos usuarios da residencia As Dores, de Lalín, que forma parte deste proxecto

Fabiola García participa no programa de voluntariado dixital en residencias posto en marcha pola entidade Acolle

O Goberno galego colabora na financiación desta iniciativa con máis de 22.000 euros procedentes da distribución dos fondos do 0,7% do IRPF

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020

A conselleira de Política Social, Fabiola García, participou esta mañá no programa de voluntariado dixital en residencias posto en marcha pola entidade Acolle e que o Goberno galego financia a través da distribución dos fondos do 0,7% do IRPF. Fíxoo a través dunha videconferencia con Manuel Negreira Iglesias, usuario da residencia As Dores, de Lalín, que está integrada dentro desta iniciativa.

A conselleira, quen mantivo unha conversa informal co residente, natural de Val do Dubra e moi afeccionado ao fútbol, felicitou a Acolle pola posta en marcha deste programa, que conta xa con preto de 50 voluntarios. A iniciativa estase a implantar nun total de doce centros de toda Galicia. Ademais das Dores (Lalín), realizase na residencia Divina Pastora (Vilagarcía), en Paz y Bien (Tui), Nuestra Señora dos Anxos (Ribadavia), o Asilo de Vilalba, a residencia Riola (A Coruña), San Rafael (Mondoñedo), San Cibrao (Cervo), Mi Casa (Ferrol), Nuestra Señora del Carmen (Fisterra) e o centro de Padre Rubinos (A Coruña).

Fabiola García sinalou que a Xunta colabora con máis de 22.000 euros procedentes do 0,7% do IRPF nunha iniciativa adaptada, puntualizou, o actual momento de pandemia. Así, ademais de realizar un acompañamento ás persoas maiores e con discapacidade usuarias de residencias, este programa atende ás medidas de prevención, hixiene e seguridade esixidas polas autoridades sanitarias.

Imaxes relacionadas